

Referencia:
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa. Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense.
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!