

Referencia:
Na illa de Sardeña, ano 2007. Tres amigos: Licheri, un ex-heroinómano, Pani, que acaba de voltar de Londres, onde viviu unha historia de amor cunha bailarina, e Corda, escritor frustrado con experiencia de perruqueiro en Chelsea. Son ladróns de circunstancias, amantes do rock, das noites en branco, das discotecas e dos amores fugaces. Levan tatuado na pel un destino incerto. Cunha feliz conxunción da lingua cotiá co ritmo hipnótico do blues eléctrico, o escritor sardo Flavio Soriga traza o retrato da mocidade dun país que se busca a si mesmo.
Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos.Na súa nova novela, Os once, conta a historia dun cadro exposto no Louvre e no que aparecen os membros do Comité de Salvación Pública durante a Revolución Francesa. Michon reconstrúe na novela a historia dese cadro e do momento histórico que aparece reflectido nel. En Os once, Michon conta a historia do pintor François-Elie Corentin, a quen en plena Revolución Francesa lle encargan pintar un cadro no que aparezan retratados os membros do temido Comité de Salvación Pública, "os once"
¡Que contenta estou, que contenta estou; aos meus cinco merliños comida lles dou?, cantaba mamá merla aos seus cinco filliños. Pero un día pasou por alí unha raposa á que, nada máis velos, lle entraron unas ganas tremendas de papalos...ANTONIO RUBIO adapta para KALANDRAKA este conto popular nunha versión moi especial para os primeiros lectores, con ilustracións realizadas por ISIDRO FERRER, un dos deseñadores gráficos máis importantes do panorama