

Referencia:
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.
«Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.
Os Monki son unha familia extremadamente intelixente, pero sen pistas de sentido común. Cada vez que enfrontan problemas sinxelos, deciden resolvelos da forma máis complexa.