Referencia:
Un libro todo cartón con cinco propuestas del juego del memory para aprender los nombres de los pequeños animales de cinco entornos diferentes: el campo, el estanque, el bosque, bajo tierra y la noche. En cada página izquierda hay una escena con varias propuestas de actividades de observación. En cada página derecha se presenta el juego del memory con cuatro pares de cartoncillos para relacionar.
Este libro é unha obra de interese tanto para os investigadores especializados na historia de Compostela como para os lectores que desexen afondar no seu coñecemento. As ordenanzas reflicten todo tipo de elementos que configuran a realidade urbana da época, ofrecéndonos o escaparate dun tempo xa perdido: regulan a institución municipal, o abastecemento urbano, os pesos e medidas, os prezos, e as boas prácticas para a comercialización de produtos de consumo alimentario ou de uso. As medidas de hixiene, seguridade e orde públicas, o urbanismo, a xestión da beneficencia, as festividades e o lecer, ou o papel social que desempeñan a muller e a infancia completan o debuxo dos labores e os días no espazo público santiagués daquel tempo
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!