Said e Sheila, os dous rapaces do futuro que xa protagonizaron Perigo vexetal (Premio Merlin 1995) e Ameaza na Antártida, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada e transcendente. Cando a súa amiga Irina chega a visitalos ó muiño de Loreda atópase coa súa repentina e misteriosa desaparición ¿Que lles aconteceu? Axiña o saberedes... Nesta ocasión, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos grupos que, movidos só por intereses económicos, buscan destruir amplas zonas da beiramar, sen importárenlles as desfeitas ecolóxicas e culturais que produzan.
Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde.