Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representa tamén unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do L aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica.